2 de abril. Dia internacional da concienciación sobre o autismo.
Coñecemos a historia de Manuel, un neno de Redondela de 4 anos. Manuel ten un trastorno de espectro autista, diagnosticáronllo cando tiña 2 anos e medio. Os seus pais sentiron que a realidade que lles tocou vivir tiña que ser a semente de algo máis grande. A canción de Manuel é un proxecto audiovisual creado polos pais de Manuel que eles mesmos nos explican:

Podes ver o audiovisual aquí en Redondela.TV: http://redondela.tv/canles/social/a-cancion-de-manuel-ii/

 

…” Ás veces, parece que o autismo é unha man que aperta moi forte o meu corazón e non me deixa vivir, entón vén Manuel, colle a man que me aflixe e faina desaparecer co seu sorriso ” …