Dende o próximo 18 de decembro e ata mediados do mes de xaneiro o concello de Redondela xunto á Asociación de Empresarios de Redondela farán o corte oficial de cinta para poder acceder por primeira vez a pista de xeo que estará situada na Alameda de Redondela. ” Unha iniciativa que xa se viña perseguindo dende hai algúns anos” comentou a concelleira de cultura Teresa París e que por fin este ano é xa unha realidade.

O prezo da entrada será de 5,50€ por persoa  sempre que a entrada sexa mercada na mesma pista, s se polo contrario as entradas son mercadas en calquera establecemento da Vila asociado á campaña o custe da mesma será de 3,50 €. Deste xeito o que se pretende e fomentar as vendas de Nadal no comercio Local. Os horarios para poder patinar serán diversos e haberá días que se poderán utilizar as instalacións ata as dúas da mañá. Segundo o responsable da instalación Bernanardo Acevedo a pista terá unha superficie de 400 metros cadrados na que poderán patinar unhas 60 persoas á vez. O concello de Redondela súmase ó auxe das instalacións de xeo nas datas de Nadal.

Vídeos relacionados