A concellería de deportes volve a presentar un novo acto deportivo, dende a chegada de Julio Mougán esta concellería é posiblemente a que máis foi medrando en canto a actividades, hai escasos meses celebrábase a primeira Gala do Deporte e esta semana celébrase a primeira carreira do Nadal coa colaboración do Club de Atletismo de Redondela C.A.R.
A carreira ten un significado benéfico xa que dende o Concello e o C.A.R animan aos participantes a entregar un xoguete que estea en condicións no momento de recoller o dorsal e colaborar deste xeito con máis necesitados . A carreira terá lugar o sábado 24 de decembro e só poderán inscribirse 250 corredores ten un percorrido de catro quilómetros e é apta para todo o mundo.
Para inscribirse é posible en  www.redondela.gal    ou na zapatería Susuela en Redondela.