A Policía Nacional busca dúas persoas que atracaron a oficina de Correos de Chapela, en Redondela. Ían tapados cun casco de moto e empregaron unha pistola e un coitelo para ameazar os empregados. Levaron un botín que podería achegarse aos 12.000 euros.

Dúas persoas asaltaron ameazando cunha pistola e cun coitelo a oficina de Correos situada en Chapela, no concello de Redondela. Entraron pouco antes de que pechase e nese momento non había ninguén no interior, só os empregados.

Ameazaron os empregados para que lles desen os cartos e fuxiron cun botín que podería achegarse aos 12.000 euros. Os traballadores que foron vítimas do asalto están de baixa. Esta non é a primeira vez que os asaltan.

A Policía Nacional investiga os feitos e trata de dar cos autores deste asalto.