Un grupo de xoves emprendedores de 9 a 12 anos crearon unha empresa de cosméticos con fins benéficos. Son os propios alumnos do CEIP Laredo de Chapela, en Redondela, os que elaboran os perfumes e os comercializan. Funcionan coma unha empresa real e están organizados en departamentos. As vendas son a través da Internet e os beneficios van destinados a asociacións de menores con algún tipo de dificultade.

A empresa Esencia de Laredo naceu hai un ano e marcha perfectamente. Está dirixida polos alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Laredo aínda que participa todo o colexio. Están organizados en tres departamentos que realizan reunións semanais para tomar decisións.

No horto vertical cultivan as plantas aromáticas coas que logo elaboran as esencias de xeito artesanal.

É unha microempresa sustentable e solidaria e aínda que dirixida por menores xa dispón de número de identificación fiscal na Axencia Tributaria.