Hoxe en día crear unha empresa segue sendo o soño de moita xente, as veces a pesar das axudas existentes non o é todo, falta o empuxe final e as gañas de salto ó baleiro. Alba Sotelo é un moza de Cangas que montou a súa empresa de fotografía dende hai algún tempo, as inquietudes desta moza fixo que dera o salto.

Por outra banda Carolina Sertal nada en Redondela tivo dende moi pequena e unha das súas paixóns era a pintura, comezou ben nova a asistir a clases de pintura e tras un tempo abandona dos pinceis retomou a arte mudando o lienzo pola pel natural. A día de hoxe segue a traballar como xornalista profesión que estudou, pero ben claro que a pintura forma parte da súa vida.