Na tarde de onte o Concello de Redondela e a Asociación de empresarios daban por inaugurada a pista de xeo situada na alameda da Vila. A concelleira de Eventos Ángela Antón calzou os patíns e saíu a pista en busca de sensacións dando por boa o estado da mesma e animou a toda a xente a que xe achegue por Redondela a gozar da mesma.

Por outra banda o presidente da Asociación de Empresarios de Redondela Enrique Lago animou a todas as familias a mercar no comercio local da Vila e puntualizou que Redondela está a altura de calquera outra cidade galega en canto as actividades de Nadal.