A concellería de Deportes xunto á Asociación Deportiva Car organizaron o pasado sábado 24 de decembro a primeira Carreira Solidaria cun percorrido de 4 km. Dende unha semana antes a concellería de Deportes e no seu nome o concelleiro Julio Mougán comentaba que este ano sería unha toma de contacto xa que o organizala nas datas navideñas había un pouco de descoñecemento no número de participantes de aí que tan so 250 atletas poderían inscribirse na mesma. O resultado foi un pleno absoluto, as prazas esgotáronse inmediatamente, Redondela volta a ser unha Vila deportiva e solidaria.