Os xoguetes para os cativos son os agasallos máis repetidos nesta época do ano. Hoxe imos viaxar no tempo para coñecer como eran os xoguetes hai 100 anos. Auténticas pezas de museo que facían voar a imaxinación dos máis pequenos.
Ter unha bailarina coma esta no seu tempo estaba ao alcance de moi poucos. A maioría dos cativos nin soñaba con pezas coma estas.Viaxar pola historia dos xoguetes é tamén coñecer como foi evolucionando a nosa sociedade.
Os xoguetes eran pezas de luxo,  miniaturas máxicas que avivaban a imaxinación e o enxeño dos máis cativos, ao tempo que aprendían por exemplo como funcionaba un barco ou un tren a vapor. A mostra, onde non hai xoguetes bélicos, permanece aberta ao publico no Círculo cultural de Cesantes, en Redondela, de 5 a oito da tarde.