As estacións afectadas serían as de Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, O Barco, A Rúa e Ribadavia. Segundo informa este sindicato, ADIF ten previsto pasar a Renfe o seu persoal comercial de venda de billetes e informacións, polo que este servizo podería quedar suspendido nesas estacións. Fontes de Renfe indicaron que as dúas empresas aínda están a negociar, polo que non hai nada definitivo.