Dende algo máis dunha hora de antelación milleiros de persoas agardaban impacientemente a chegada dos Reis Magos, o bo tempo fixo que as rúas de Redondela estiveran repletas de nenos e nenas desexando ver ás súas Maxestades do Oriente. Sobre ás 19h comezaban a deixarse ver , de primeiro como xa é habitual e encabezando a Cabalgata ía a Coca Simona que tras ela unha locomotora ía repartindo os primeiros caramelos da noite.
Pronto aparecerían os Reis Magos que ían acompañados dunha serie de personaxes de debuxos animados como poden ser o Pato Donald, Mickie Mouse, Woody etc .
Unha vez rematado o paseo polo centro da Vila o alcalde de Redondela Javier Bas facía de anfitrión nas portas do Concello acompañando ás súas Maxestades ó salón de plenos onde alí recibirían os centos de nenos e nenas que agardaban na cola para falar cos tres Reis Magos.