Redondela é unha das vilas do sur de Galicia que máis celebra esta xornada de Reis. Coindicen este día unha feira e a concentración de rondallas e ranchos de reis, dous tipos de agrupacións musicais tradicionais.
Se nalgunhas vilas a xornada festiva deixa as rua baleiras, no centro de Redondela esta mañá estaban ateigadas de xente. Son milleiros as persoas que se achegan a ver o encontro de rondallas e ranchos de reis, nove agrupacións que conservan o folclore tradicional típico destas datas.

Ademáis a música ambienta a tradicional e multitudinaria feira de reis que se celebra este venres na vila