O P.S.O.E presentou unha moción xa atrasada concretamente do mes de febreiro do 2016. Reguera puntualizou que nun principio o grupo Socialista ía retirar a moción xa que quedou moi atrasada pero consideraron seguir adiante con ela xa que a senda peonil do Río Maceiras segue no mesmo estado. Unha senda que segundo Reguera inverteuse 178.000 € e que por parte do Concello dicíase que sería unha obra respectuosa co medio ambiente utilizando materiais que non alteraran o medio ambiente. Eduardo Reguera denuncio non só o mal estado do firme se non a falta de conciencia á hora da construción xa que os materiais que se empregaron non teñen nada que ver polo mencionado dende o Concello de Redondela.