A Agrupación de Electores de Redondela presentou unha moción pedindo que se  mellores os servizos do Centro  concretamente no servizo de radioloxía e pediatría xa que máis de 4.000 menores correspóndelles o centro de Redondela. Na maioría dos casos nos que un pequeno/a acude a  urxencias acaba sendo tratado por un médico de familia non especializado en pediatría. O grupo A.E.R demanda máis servizos sanitarios na Vila instando a Xunta que incorpore as demandas solicitadas.