Un redondelá crea un videoxogo baseado na coñecida dinosebe de Vigo que consiste en ir superando obstáculos. Reproduce iconas da cidade como Samil ou os autobuses urbanos de Vitrasa.
Dinosebe ten unha misión: conseguir moedas superando diferentes obstáculos que se lle plantean. Este videoxogo é creación dun arquitecto redondelán, Javier Soto, que amais estuda enxeñería informática coa intención de meterse nun mundo que o atrae.
Cantas máis moedas se consigan, máis se avanza no xogo, pero claro, os obstáculos son un Vitrasa, un coche de Citroën ou o Sireno da cidade. Todo moi realista. A idea era crear un videoxogo en que apareceran todos os símbolos de Vigo, e así o logrou.

 

Fonte :TVG