O domingo 15 de xaneiro ás 2o h no Multiusos de Redondela   dará comezo o certame de Rede de Músicas Soltas que por cuarto ano consecutivo o Concello de Redondela e a Central Folque van collidos da man para ofrecernos unha serie de catro concertos no que o cantante  Santiago Auseron na pel de “Juan Perro” será o encargado de abrir o certame .
“El viaje”, é o sétimo álbum de Juan Perro, gravado co único acompañamento da súa guitarra acústica. Como xa nos ten acostumados nos seus traballos anteriores Santiago Auserón volverá a deleitarnos cunha serie de temas cada cal mellor, entregando ó público o máis característico do autor, a súa xenialidade cunha guitarra acústica.

Venda de entradas: Auditorio da Xunqueira desde o mércores da semana do concerto en horario de 10 h a 14 h e de 17 a 21 h. Reserva no mesmo lugar, ou no teléfono 986 40 28 65, desde o mércores da semana de cada concerto. IMPORTANTE: as reservas hai que recollelas até o sábado até ás 14 h no propio Auditorio, do contrario quedan a disposición da billeteira antes do concerto.