Foi unha fin de semana difícil nas estradas galegas. Tamén un home quedou ferido grave nun aparatoso accidente que se rexistrou a primeira hora desta tarde en Redondela.
Sucedeu á altura de Rande. A vítima conducía un turismo en dirección a Vigo.

Por causas que se descoñecen, perdeu o control, bateu contra un coche que estaba aparcado e deixouno atravesado no medio da estrada. Despois precipitouse por un noiro. Os bombeiros de Vigo tiveron que excarcerar o condutor que foi trasladado a un hospital vigués. A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer as causas do sinistro.

Fonte: TVG