Correos dispón desde o ano 93 deste local cedido de balde polo Concello de Redondela onde ofrece o seu servizo. Agora as obras de ampliación da ponte de Rande e dos seus accesos obrigan a derrubar o edificio. Os veciños temen quedar sen servizo xa que din que Correos non está disposto a asumir un aluguer nin a instalarse no pavillón de deportes.

As dúas opcións ofrecidas polo concello. En Chapela viven 8.000 persoas, máis que no centro de Redondela.De pecharse esta oficina os veciños terán que ir ao centro ou mesmo a Vigo para facer as súas xestións en Correos. Os veciños confían en que co apoio do Concello de Redondela co que se reunían este luns conseguirán unha solución satisfactoria para todos.

 

Fonte:TVG