O artista local Lino Lago expón estes días no multiusos da Xunqueira Lino Lago que é natal de Redondela   leva varios anos afincado en Lituania, aínda que as súas obras de arte viaxan por todo o mundo Nova Iorque, París, Miami, China etc . Lago comezou os seus inicios na pintura en Redondela para logo trasladarse a Madrid para rematar os estudos na Universidade Complutense de Madrid.

A semana pasada coincidindo coas festas do Nadal Lino Lago estivo en Redondela e aproveitou para facer unha pequena exposición en Redondela e para donar un dos seus cadros ao Concello, no acto a concelleira de Cultura Teresa París agradeceu publicamente o acto solidario de Lino e destacou de suma importancia o que para o concello supón posuír un cadro do autor.