O pianista Alejo Amoedo é un músico comprometido coa música e os músicos de Galicia, nunha tripla vertente: como intérprete, estreando, gravando e promovendo composicións; como coleccionista, pois posúe unha ampla representación de partituras, libros, fotos editadas e orixinais; e como estudoso das obras e autores que teñen como referencia a Galicia. Por outra banda, a faceta de pianista acompañante, levoulle a realizar correpeticións de ópera, zarzuela; pianista en cursos e concursos así como repertorista de instrumentos e voz en distintas institucións musicais, tanto en España como no estranxeiro. Destacar de alejo que é un fiel seguidor e coleccionista das obras  do compositor Redondelá Reveriano Soutullo .