O pianista Alejo Amoedo presentou no Nadal o seu disco en Redondela con dous mini concertos que se celebraron na Escola de Música de Chapela e no Conservatorio Profesional Victor Ureña de Redondela. Un disco baixo o título “Evocación” no que recolle a obra para piano do gran compositor galego Reveriano Soutullo. Nunha coidada edición en tres corpos con numerosa documentación gráfica, este disco é froito do traballo de investigación realizado polo propio pianista.