O Multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela acolle os sábados de xaneiro e febreiro a actuación de catro grupos de teatro afeccionado dentro dun ciclo que nesta quinta edición está organizado conxuntamente pola Asociación Cultural e Social de Chapela e o Concello. O programa inclúe como novidade unha proposta musical, Supershow, que se poderá ver o día 28. Todas as actuacións serán ás 20:00 horas e, malia seren gratuítas, compre retirar unha invitación previamente na recepción do Multiusos.

O sábado 21 o grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior achegará a obra A media Luz os tres e xa o día 28, o título Supershow deixaranos unha proposta musical a cargo do colectivo La Cuerda. Música en directo, coreografías orixinais e un guión cargado de humor lévanos ata os platós de televisión “para asistir en directo a un programa de variedades que se ten que enfrontar se a súa emisión máis complicada cando non aparece o presentador estrela, Xosé Ramón Gangoso”.

 

Fonte: M. X. Queimaliños