A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deron comezo  o obradoiro de emprego Ecosostible II, no que se ofrece formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante 6 meses.

Este programa mixto de formación e emprego se centra na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

No caso concreto de Redondela, o obradoiro está a formar  a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de cantería (10 persoas) e xardinería e agricultura ecolóxica (10) durante 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo.

Nestes momentos a fase está na reconstrucción da zona axardinada situada na zepa da ponte do ferrocarril. Por parte do obradoiro estáse a preparar para que  finalmente quede nunha zona lúdica e de lecer  con xogos de mesa.