Redondela sitúase no máis alto do balonmán nas categorías inferiores segundo declarou o concelleiro de deportes Julio Mougán. No pasado campionato celebrado na comunidade autónoma de Cataluña varias foron as xogadoras da S.A.R e do Balonmán Chapela as escollidas para formar parte da selección galega.
Mougán eloxia ás xogadoras de Redondela e ao único xogador  masculino que formou parte do elenco dos seleccionados como foi Anxo Fontán Fontán así como tamén destaca a labor dos tres técnicos tamén da Vila.