O Concello de Redondela presentou no pasado pleno unha declaración institucional na que participou tanto a concellería de Cultura como o servizo de Normalización Lingüística para homenaxear a figura de Rosalía de Castro pola proximidade a súa data de nacemento o día 24 de febreiro. Todos os grupos políticos estiveron de acordo en dita declaración.