O Grupo de Electores de Redondela solicitaron a comparecencia do alcalde Javier Bas xa que o propio A.E.R califican a incapacidade do goberno local para convocar a comisión de seguimento sobre as obras da ampliación da ponte de Rande e a falta de denuncias públicas por parte do goberno local. A Agrupación de Electores de Redondela calificaron de pésimas as negociacións que o goberno local está a ter con Audasa e Fomento e a falta de transparencia con veciños afectados pola ampliación da Ponte. Javier Bas pola súa contra argumentou que sempre estivo e estará cos veciños de Rande e que en ningún momento deixou de informar sobre o que está a acontecer nas obras.