Os veciños da zona da Telleira, na parroquia redondelá de Cesantes, denuncian o estado de abandono do lugar. Quéixanse dos buracos e fochancas nas estradas do barrio e da maleza nas leiras. Din que levan anos reclamándolle ao Concello que arranxe estas deficiencias sen obter resposta. A última acción neste sentido foi unha recollida de sinaturas levada a cabo polos veciños, pero polo momento continúan á espera dunha solución.

Buracos coma este repítense ao longo das estradas da zona da Telleira na parroquia de Cesantes, en Redondela. Os veciños quéixanse de que o mal estado das tubaxes obriga a facer arranxos constantemente que estragan o asfaltado, polo que se multiplican as fochancas.

Levan anos reclamando que o concello arranxe os camiños. Tamén piden que obrigue os particulares a cumprir a normativa de limpeza dos terreos. Aseguran que están cheos de maleza que invade os camiños. Polo momento nin as constantes reclamacións nin a última recollida de sinaturas tiveron resposta do Concello e os veciños seguen esperando os arranxos.

Fonte : TVG