Redondela deu ó longo do tempo unha morea de xogadores en distintos deportes neste caso tanto Julio Mougán como Juan Puertas son dous exemplos do que é vivir do fútbol sala na primeira división. Julio Mougan aínda que non é natal de Redondela leva afincado a nosa Vila moitos anos, unha lexión apartouno dás filas do R.C Celta de fútbol e foi cando decidiu probar sorte e formarse no fútbol sala chegando a dirixir equipos da primeira división.

No caso de Juan Puerta que é natal de Redondela concretamente de San Martiño de Ventosela, de pequeno sempre estaba amarrado a unha pelota e ó igual que Mougán probou sorte no R.C Celta pero finalmente se decidiu polo fútbol sala. Puertas xogou en varios equipos nacionais e internacionais leva toda a súa vida vinculado a este deporte, actualmente xoga no Gran Canaria FS. Redondelatv xuntou aos dous deportistas coa finalidade de que nos conten como é a vida dun deporte como o do fútbol sala.