A campaña do choco comezou este mércores coincidindo coa alerta no mar polo que nesta primeira xornada tan só saíron pescar cinco embarcacións das 40 que participan na pesca do cefalópodo na ría de Vigo. O resultado foi capturas escasas e prezos altos. Acadou os 10 euros cando o prezo habitual se achega aos 6,50.

As malas condicións atmosféricas endurecéronse e na segunda xornada de campaña todas as embarcacións permanecen amarradas a porto. Desde a confraría aseguran que necesitan a chuvia e confían en recuperar as perdas nos próximos días.

Este cefalópodo conta co distintivo de calidade Choco de Redondela e xa é un manxar nos principais mercados nacionais. A campaña alongarase ata o mes de xuño