Daniel Lago é natal de Redondela, traballou 26 anos en Plastic Omnium  como responsable de dirección , polo ritmo de vida do seu traballo non paraba de viaxar por todo o mundo poñendo novas máquinas a,traballar e formando a novos traballadores, como di Daniel Lago ” un traballo moi estresante ” . Un día atopouse mal e  acudiu ao médico quedando ingresado na UCI 5 días supostamente por unha neumonía.

Tras facer varias probas e non saber cal era a súa enfermidade decidiron ingresalo un ano enteiro en busca de novas probas. Lago denomínase ” un home con moita sorte” xa que proba tras proba detectáronlle leucemia, a día de hoxe está vivo para contalo e agradece aos médicos, familiares e amigos todo o esforzo que depositaron en recuperalo. Redondelatv emite esta gravación feita na casa da cultura onde Daniel conta como foi o seu calvario ata chegar a día de hoxe plenamente curado. Felicitamos a Daniel pola súa valentía á hora de afrontar a enfermidade.