Aprender a través da creatividade e a innovación é o que se fai nas escolas creativas do cociñeiro Ferrán Adriá. O obxectivo é trasladar a metodoloxía do restaurante elBulli á educación, transformando así a forma de ensinar. Varios colexios de toda España foron seleccionados para participar na iniciativa, entre eles, este de Chapela.