O salón de plenos do Concello de Redondela, volveu a ser o escenario para recoñecer o mérito deportivo dos deportistas de Redondela. Nesta ocasión foron os integrantes da selección de Vigo de Fútbol Sala e o seu adestrador xa que veñen de acadar o campionato galego de seleccións locais na categoría Alevín, onde na fase final disputada na Estrada, impuxéronse  a Santiago na quenda de penaltis, tras finalizar o encontro con empate a dous tantos. Unha proba mais, do excelente estado de saúde que experimenta nestes momentos a base deportiva redondelá.”