É o clamor contra a violencia machista. Os berros de indignación pola morte de Sesé. A dor dos seus, dos veciños da Chapela. Rendéronlle homenaxe a última vítima de violencia machista e repudiaron o crime. O delegado do Goberno confirmou que o presunto asasino xa ameazara con voar a casa con ela dentro.

Hai varios días Emilio confesáralle a un dos fillos maiores de Sesé que non o facía porque había un neno polo medio, o cativo de 8 anos que tiña con ela. Non había denuncias previas por malos tratos nin por ameazas. Todos os indicios apuntan a que Emilio, de 47 anos, mercou dúas bombonas e un bidón de gasolina que el mesmo trasportou ata a casa da sua ex-parella; suportamente cortoulles a mangueira e esparexeu a gasolina. Só tivo que esperar dentro a que chegara Maria Xosé.

“Hai bombonas manipuladas, acelerante. Hai que determinar exactamente como se produciu o suceso”, di o delegado do Goberno.  Tanto a policía como o delegado do goberno confirman que o presunto asasino xa ameazara con voar a casa con ela dentro. Ao parecer, hai varios días confesáralle a un fillo maior de María Xosé que lle daban ganas de voar a casa con ela dentro pero que non o facía porque había un neno polo medio, o fillo de 8 anos que tiña con ela e que estaba na casa dos avós no momento do suceso. Non había denuncias previas por malos tratos nin por ameazas.

“Insisto na necesidade da denuncia ou que a faga a vítima cando hai esas ameazas ou calquera que teña esa sospeita”, asegurou o delegado do Goberno.  “A veces un indicio ou unha chamada ou unha axuda que parece que non ten importancia, realmente ten moito peso á hora de poder salvar, coma neste caso, non só unha senón dúas vidas”, asegurou a concelleira de Igualdade de Redondela.  O fillo da parella quedou a cargo de familiares. O Concello de Redondela e a Xunta puxeron a súa disposición apoio psicolóxico.

Fonte :TVG