Iván Gulín é músico e moitas das veces atopámolo por Redondela co seu instrumento estilo contrabaixo ( cubo con cordas e mástil ideado por el) sobre todo nos días de festa da Vila. Xa sexa no festival de  títeres de Redondela ou nalgunha romaría onde pasalo ben. O forte de Gulín é o violín tanto tocalo como arranxalos. Vive na aldea de Cotobade en Pontevedra, nunha casa de madeira construída por el mesmo, todo un xenio da música e da madeira.

Fonte:TVG