O mozo detido como presunto agresor sexual dunha menor de 16 anos, quedou en liberdade despois de prestar declaración nos xulgados do Porriño. Retiráronlle o pasaporte e terá que presentarse cada semana nos xulgados. Está investigado por un delito contra a liberdade sexual. A vítima, unha menor, de 16 anos, denunciou na noite do luns que fora agredida sexualmente por un home durante a celebración do Entroido en Salceda de Caselas.

A moza foi trasladada en ambulancia ao centro de saúde do Porriño e despois ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A descrición que realizou do seu presunto agresor levou os axentes da Garda Civil a deter un veciño de Redondela, de 27 anos, poucas horas despois.

Fonte :TVG