Un ano máis Redondela volveu prender lume ó Meco, dende primeiras horas da tarde xa se podían ver os primeiros disfraces polas rúas de Redondela. Aínda que o tempo estivo ameazante durante a xornada non foi quen de impedir que a xente se botara a rúa en busca de troula. O escenario principal foi a rúa Alfonso XII onde os participantes do concurso de disfraces desfilaron lucindo a súas mellores galas en busca dalgún dos premios .

Unha vez rematado a entrega de premios unha recua de dragóns articulados partían dende a praza da Farola co fin de plantarlle lume ó Meco situado na praza do Concello co obxectivo de que se foran todos os malos espíritos da área metropolitana .

O berro de lume polos centos de persoas que se congregaron nas inmediacións da praza comezaba a arder o Cabaleiro situado no vitrasa, que apenas resistiu uns minutos de vida.

Redondela despedía deste xeito o entroido da Vila emprazando aos asistentes o tradicional enterro do Berete que terá lugar o sábado día 4 de marzo en Chapela a partires dás 19 h.