Redondela é coñecida en toda Galicia pola gran labor que realizan as diversas entidades culturais sen ánimo de lucro  á hora de organizar actos culturais. Nos anos anteriores a tardanza en convocar ditas bases nas que cuantifica as necesidades a subvencionar fixo peligrar parte dos actos culturais xa que non daban apenas tempo de poder organizar ditos actos culturais por mor do retraso das mesmas. A Agrupación de Electores de Redondela propoñen que as axudas sexan convocadas dentro dos primeiros meses do ano, que os prazos de concesión das subvencións se axilicen o máis rápido posible