A aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 13.731 € mantivo aos diversos partidos políticos nunha xuntanza na que se tivo que suspender o pleno uns minutos co fin de chegar a un acordo para poder facer deste xeito o abono correspondente aos solicitantes das facturas

Por  momentos parecía que as distintas formas de ver o impago das facturas quedaría nunha suspensión do punto do pleno, pero tras a suspensión do mesmo e xuntarse os voceiros dos partidos chegouse ao consenso para que deste xeito as facturas aos provedores poideran  ser pagadas.