A parroquia de Chapela despediu o entroido coa tradicional queima do “Berete”, sobre as sete da tarde comezaban a desfilar as primeiras comparsas que como cada ano saían do alto da Encarnación. Xa co sol metido comezaban a chegar as numerosas carrozas ao centro da Vila onde miles de persoas esperaban dende primeiras horas da tarde. Tras o paso polas rúas principais de Chapela os disfraces ían tomando destino final cara as inmediacións da praia de Arealonga onde alí se lle poñería lume o “Berete” como colofón do acto.