A Concellería da Muller organiza durante este mes de marzo diferentes actividades co gallo do Día Internacional da Muller que se celebra este mércores.  As rapazas da SAR Rodavigo e o Cíes Chapela, equipos que compiten a máis alto nivel, son as protagonistas este ano da exposición que se poderá visitar ata finais de mes no Multiúsos da Xunqueira. Un xeito de recoñecer e reivindicar tamén o deporte feminino, moitas veces esquecido malia o esforzo que supón para estas mulleres competir nestas categorías.

A programación continuará o domingo día 12 cunha cita tamén deportiva no Pavillón da Marisma, unha actividades que arrancará ás 16:30 horas e que busca dar a aportunidade a todas as persoas que o desexen a achegarse a diferentes modalidades deportivas.

A concellería organiza tamén neste mes dúas charlas en torno á saúde que se desenvolverán no Centro Cultural de Cesantes o xoves 16 ás 18:00 horas e na Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde o venres 24 a mesma hora.

O cine será o protagonista nos actos que se celebren a finais de mes. Así, o xoves 23 presentarase un documental no que se recollen entrevistas con mulleres de diferentes nacionalidades que levan tempo residindo en Redondela e que contarán as súas experiencias de como chegaron e se asentaron no noso municipio. Pechará o programa unha mesa redonda na que se analizará “o papel das mulleres no audiovisual galego”