Veciñas anónimas foron as encargadas de dar voz na mañá de hoxe ao acto institucional celebrado ás portas do Concello no que se leron poemas da escritora e poeta arxentina Arjona Delia, fixéronse reflexións en torno ao que significa a conmemoración do Día Da Muller e se lembrou unha vez máis a necesidade de rematar coa violencia de xénero que neste ano golpeou de cheo o noso concello. Un acto que contou coa presenza do goberno local e representantes políticos da oposición e que rematou cun “Nunca Máis” en contra da violencia contra as mulleres.