As rapazas da SAR Rodavigo e o Cíes Chapela, equipos que compiten a máis alto nivel, son as protagonistas este ano da exposición que se poderá visitar ata finais de mes no Multiúsos da Xunqueira. Un xeito de recoñecer e reivindicar tamén o deporte feminino, moitas veces esquecido malia o esforzo que supón para estas mulleres competir nestas categorías.