Pescanova reúne hoxe ás dez da mañá en Redondela un Consello de Administración extraordinario, no que se prevé que presente as contas do exercicio de 2012. Faino A débeda total do grupo Pescanova, que estudaron no último mes a través dunha auditoría, podería chegar aos 2.500 millóns de euros, 1000 máis dos que recoñecían inicialmente. Os bancos máis proclives a refinanciar a débeda non darán máis pasos ata non coñecer exactamente os numeros da compañía, un cifra que podería concretarse hoxe mesmo. En principio, as entidades bancarias amosáronse dispostas a concederlle un crédito de 50 millóns de euros que lle permita seguir coa súa actividade. O grupo cervexeiro Damm e o fondo Luxempart, dous dos principais accionistas da multinacional galega, seguen mostrándose críticos coa xestión do presidente, Manuel Fernández de Sousa. E tamén hai expectación para ver como se resolven estas diferencias cunha parte do accionariado que gañou peso nos últimos meses.