A praza do Concello acolleu na mañá de hoxe un acto homenaxe co gallo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A nosa escritora máis universal foi celebrada coas voces dos máis pequenos, nenos e nenas do IES Illa de San Simón encargados de poñerlle voz aos seus poemas. O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, salientou a necesidade de celebrar a Rosalía “un emblema, unha bandeira que significa a nosa esperanza, a nosa ilusión dun horizonte dunha Galicia digna, dunha Galicia próspera, dunha Galicia libre”

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira  lembrou que “hai 180 anos naceu unha ilusión, un sono, unha esperanza que seguen vivos hoxe en Galicia e se estenderon por todos os territorios”.