Os veciños de Sesé, asasinada polo seu marido en Chapela, reúnen cartos para recontruír o piso que fixo estourar o asasino. A casa quedou gravemente danada despois da explosión de gas acelerada con gasolina. A nai da vítima tivo que mudarse ao baixo da vivenda coa súa outra filla. Amigos e veciños acaban de lanzar unha campaña destinada a xuntar fondos para reconstruír o fogar de Sesé.