Segundo explica a delegada sindical da CIG, Mª José García, a traballadora leva máis de seis anos encadeando contratos temporais e “cando decide reclamar o seu dereito a un emprego nas mesmas condicións que os seus compañeiros, a dirección da empresa opta por pechar toda posibilidade de negociación e impón como única saída o despedimento”.

Dende a CIG explican que a empresa xa lles comunicou que no caso de que se resolva a admisión da traballadora, a dirección optará por pagar unha indemnizacións pero non parece disposta a dar marcha atrás e readmitila. Por ese motivo, a única saída que lles queda é a mobilización “que non conta con moitos apoios porque entre os traballadores hai moito medo e represión” asegura Mª José García.

 

Fonte: Radio Redondela