Falamos agora do pai que abusou sexualmente das súas fillas menores en Redondela, pero non irá ao cárcere porque chegou a un acordo coa Fiscalía. Segundo publica ‘La Voz de Galicia’, o obxectivo principal do Ministerio Público era afastar o acusado do ambiente das nenas, ao non contar co testemuño da nai, acusada de presenciar e consentir os abusos. A muller está en busca e captura.
A condena en firme permitiu retirarlle ao pai a patria postestade e impedirlle achegarse ás rapazas, tuteladas pola Xunta, durante dez anos.

fonte :TVG