Francisco Javier Rodríguez Berrocal é catedrático de Universidade na Área de bioquímica e bioloxía molecular, é todo un erudito na enfermidade do cancro. Hai unhas semanas a asociación contra o cancro de Redondela invitouno a dar unha conferencia no antigo auditorio José Figueroa. Verdades e Mentiras sobre o cancro foi o tema escollido por Javier Rodríguez para dar a entender aos presentes todo o que hai de certo e falso nunha das  enfermidades máis temidas pola sociedade. Redondelatv aconsella non perder detalle ás palabras de Javier, xa que moitos descoñecemos todo o que esta enfermidade esconde tanto no positivo como no negativo.