O atraco produciuse contra as tres menos cuarto desta tarde. Dous homes, que ocultaban a súa cara cun casco, entraron na sucursal con armas brancas e o que parecía unha arma de fogo. Ameazaron a empregada que estaba nese momento na sucursal e fuxiron cun botín do que polo momento se descoñece a cantidade.

A Policía despregou un dispositvo para tratar de dar cos atracadores, pero polo momento non se realizaron detencións. Esta non é a primeira vez que esta mesma oficina de Correos sofre un atraco. A última delas aínda neste mes de decembro pasado.

Pero é que ademais hai só unha semana, o xoves pasado, outros dous atracadores asaltaban a sucursal de Correos do barrio de Teis, en Vigo.