O pasado 22 de marzo do 2017 rematou o actual contrato de colaboración de xestión tributaria censal inspectora catastral do concello de Redondela contrato que databa de marzo de 2011 cunha duración de catro anos máis unha prórroga de dous anos a maiores . No mes de decembro do 2016 iniciouse o expediente para un novo contrato baseándose no expediente do servizo de tesourería no que se sinala que o concello de Redondela carece dos medios persoais e materiais  que lle permitan o desenvolvemento deste servizo . Dende A.E.R avogan pola municipalización dos servizos públicos esenciais do Concello,  auga, lixo etc solicitando que os servizos sexan xestionados polo propio Concello.